lunes, 25 de septiembre de 2017

Resistencia dun cable conductor. Resistividade dun material.

Resistividade dun material

A resistividade dun material poderíase medir en:

 𝛺⋅mm²
m 

Tendo en conta esta unidade de medida, o valor da resistividade dun material indicaría a resistencia R que tería 1m de cable de 1mm² de sección, feito dese material.

Aquí tendes unha táboa de resistividades de algúns dos metais máis coñecidos:


Resistencia dun cable conductor (R)

A resistencia dun cable conductor depende da resistividade do material co que estea feito ρ (a maior resistividade maior resistencia), da súa lonxitude L (a maior lonxitude maior resistencia), da súa sección S (a maior sección menor resistencia).

Coa seguinte fórmula podemos calcular a resistencia eléctrica que tería un cable conductor dunha sección, lonxitude e material determinados.


               R → Resistencia Eléctrica. Mídese en Ohmios (𝛺)
               ρ  → Resistividade Eléctrica. Mídese en 𝛺mm²/m.    (No SI en 𝛺m)
               L → Lonxitude do cable. Mídese en metros (m)
               S → Sección do cable. Mídese en metros (mm²).   (No SI en 𝛺m)