lunes, 5 de mayo de 2014

Traballo, Enerxía e Potencia

“Traballar” en Física significa mover algo empregando unha forza. Para cuantificar  o traballo que realiza unha forza multiplícase a Forza pola Distancia percorrida:

W = F ∙ d

A “enerxía” é a capacidade para producir traballo, e cuantificase coas mesmas unidades que o traballo, posto que para producir traballo necesítase enerxía.

A “potencia” defínese como o traballo que se realiza por unidade de tempo, e dicir, é a velocidade coa que se traballa:

P = W / t    ou    P = E / t

posto que para traballar se necesita enerxía, por tanto, a potencia tamén se pode definir como unha velocidade de consumo (ou entrega) enerxética.





Exercicios Enerxía Cinética, Potencial e Mecánica

Exercicios Enerxía, Traballo e Potencia (física xeral)

Exercicios Potencia e Enerxía Eléctricas